MANOLO ESCOBAR E OS TOLEIRÁNS
Alejandro Sanz guindoulle unha bronca a Jorge Lorenzo por rexeitar poñerse a camiseta da selección española para unha fotografía. Na noite de onte, paseando polo Ensanche bilbaíno e caluroso, mirei a uns fanáticos bailando e amolando aos peóns no medio e medio dunha rúa, disfrazados de xogadores da Roja (pendentes de bisutería incluídos) e axitando bandeiras que aquí non se ven mentres cacareaban o himno paralelo que compuxo Manolo Escobar para o seu país. Ninguén deles pasaría dos vinte anos. Tampouco contaría máis desa idade o fato de toleiráns que xurdiu de non sei que esquina para bater neles. Estes días andei percorrendo Bizkaia e sorpredéndome pola ausencia de pintadas, carteis e balbordos. Atristeceume constatar que, en contra do que eu pensaba, neste país aínda hai restan selvaxes que non respectan a ledicia allea, por moito que veña orixinada por uns sentimentos e unhas convicións que me son estranas.