Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 novembre 2010

OFERTÓN

JENNA JAMESON era unha diva desas películas que nunca levarán un Oscar ao mellor vestiario. Jenna vén de retirarse da industria. Estou certo de que Beatriz Trapote, que está agora no bazar de ídolos televisivos de poliuretano, terá cativos algún día. Mesmo pode que con Víctor Janeiro, o novio. Nuns anos eses sobriños de Jesulín descubrirán que mamá Trapote non escribiu O Kamasutra, malia que está presentando un libro con ese nome. O bo das obras anónimas é que son coma unha bicicleta abandonada: o primeiro que a colle pode marchar con ela sen que ninguén vaia envalentonarse para recriminarllo. A periodista aseguraba antonte terse baseado «no Kamasutra español (sic) para amplialo con achegas doutros lugares». Os fillos de Jenna Jameson serán sabedores no seu tempo do vello oficio materno. Ela poderá argumentar que o deixou por non avergoñalos, mentres que Trapote deberá alegar ignorancia; non sobre sexo, senón ignorancia xeral. Tamén podería defenderse a xeito de Sánchez-Camacho, que se parapetou tras un erro de rótulos para defenderse das acusacións de racismo polo vídeoxogo que protagoniza. Sufrimos un andacio de personaxes públicos que se sitúan á fronte de produtos vergoñentos e os defenden por atoparse en tempada de ofertón.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 588
Publicité