Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
19 février 2011

OLIVIA RODRÍGUEZ: "DE TORO QUERÍA BORRAR A RISCO DA FOTO"

OLIVIA RODRÍGUEZ, a respecto dun artigo de De Toro, en El País: [De Toro quería borralo da foto, para que o noso pasado político e cultural quede, tras a operación de estética, máis presentable. Non vaia ser que nos afecte de portas adentro e afora.

(...)

De Toro fai un duro retrato de Risco con descualificacións que son primeiro físicas e terminan sendo morais, ideolóxicas, racistas e ata existenciais, pois négalle como suxeito un lugar no mundo. Toro odia a Risco, e ten perfecto dereito a facelo. Pero esquece que non pode amosar certo tipo de paixóns nun discurso que se pretende racional, como tampouco pode partir de preconceptos e simplezas. Ao deformar a figura de Risco e amosalo como intruso, alleo e illado, deforma tamén o contexto cultural e histórico.

(...)

Entre 1911 e 1916, data do berro das Irmandades, o galeguismo está morto. A finais de 1917, Risco incorpórase canda Otero, Cuevillas e Noguerol baixo o paraugas de Porteiro e Losada. Estes dous son os auténticos ideólogos, e Risco salienta como bo organizador, que dá a cara nos momentos difíciles e empéñase en estender a nova irmandade, procurando a concordia por riba das disensións, como se revela no seu epistolario. A prematura morte dos seus mentores e a súa capacidade de traballo van lanzalo á vangarda política.

(...)

Risco alertou contra o dano que poden producir os bárbaros semicultos. Non sei se imaxinou que algúns deles tirarían contra el para eliminalo da historia. O tempo porá un día as cousas no seu lugar. Con todos os seus excesos e defectos, seguirá Risco a ser unha referencia inexcusable do noso pasado como nación e como cultura, e cada vez máis será tido en conta polos intelectuais que indagan acerca de como se leva a cabo a nosa conformación como pobo.]

Publicité
Commentaires
S
Como lle acabo de dicir, a min tampouco me parece o criterio actual o máis correcto. O que digo é que, se é ese, hai aí unha enorme contradicción. <br /> Debe separarse escritor de político. Os vinte pesos de Beiras non deben pesar tanto, pois non existe relación. Un escritor non é galardoado a nivel internacional por cuestións políticas en Galiza. A min Conde non me parece ningunha maravilla literaria, pero tampouco peor cá meirande parte dos autores daquela e de hoxe. E se moitos destes, con méritos semellantes, reciben recoñecemento, non vexo por que Conde non vaia poida recibilo. <br /> Aí ten o cancro do sistema. O que lle sucede a vostede non é exclusivo da súa persoa aquí en Galiza. Es bo escritor (subliñado) se estás con estes, non o es se estás con aqueloutros. Nonsense, que din alá na pérfida Albion.
Répondre
J
Eu a Alfredo Conde linlle cousas que me gustaron e outras que non. Os premios adoitan ser un indicativo de calidade, pero non sempre se gañan por factores literarios. No caso de Conde, eu non dou separado a súa carreira política da súa carreira literaria. Podería atribuírlle moitos méritos, pero ningún relacionado coa fidelidade ou a ética.
Répondre
S
Con méritos literarios refírome á cantidade de premios que levou. Eu non creo nos premios como aval de calidade literaria, pero ese semella se-lo criterio oficial. Daquela, se outra xente moi galardoada ocupa unha páxina no anuario, non vexo por que Conde, tamén moi galardoado, ocupa tres liñas. <br /> Sobre o que comenta de deslealtades e demais, repito que iso non ten nada que ver co tema estrictamente literario. Se as fixo, xa lle pasarán a factura onde cadre. Pero non imos rebaixar a ninguén como escritor porque sexa un sacana, coma o meu alcume. Non confunda grelos con isobaras.
Répondre
J
Os méritos literarios de Alfredo Conde están por descubrir. Premios non lle faltan, pero ser conselleiro de Cultura é un factor extraliterario que procura grandes avances nas votacións. Canto a acusacións, a súa renartería para traizoar a amigos e coñecidos coa fin de enriquecerse é inmensa.
Répondre
S
Nese sentido, de Toro está a seguir o "estándar" da literatura galega, onde se infiltraron e se siguen a infiltrar factores ideolóxicos e vellos rancores en reflexións en teoría racionais. A forma en que se tratou a Alfredo Conde, respondendo con acusacións de políticas e clientelismos á súa alegación de méritos literarios é un exemplo recente.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 835
Publicité
Publicité