OS ACTORES PECHARANSE NA CATEDRAL PARA INFORMAR DE QUE 'SOMOS PATRIMONIO GALEGO'
Vicente Plaza, en Galicia Hoxe:[Se a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) non "ve movementos nin vocación por parte do presidente Feijóo para buscar solucións" ós problemas do sector, farán público ante a sociedade galega un manifesto no transcurso dun acto multitudinario ademais dunha roda de prensa na Catedral de Santiago. A plataforma que se constituía para "salvar o audiovisual e o teatro" convocará os medios informativos e realizará "un peche simbólico no edificio máis significativo de Galicia". Baixo a lema "Somos patrimonio galego", encerraranse na basílica compostelá para ler o manifesto e entregarllo á prensa, radio e televisión. "Que mellor cerco que a Catedral de Santiago, patrimonio de todos os galegos", argumentan no seu proxecto reivindicativo ó que tivo acceso El Correo Gallego. ]