Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
2 mai 2011

FERNÁNDEZ PAZ: "LEVO MÁIS DE TRINTA ANOS AGARDÁNDOTE"

Soamente Agustín Fernández Paz ten sabedoría cumprida como para montar esceas como a que remata o primeiro capítulo da súa nova novela, 'Non hai noite tan longa'.

[Hai unha cadeira ao pé da galería, e nela está sentado un home que olla a rúa a través dos cristais. A súa imaxe é un tanto borrosa, coma se se tratase dun holograma inestable, mais posúe a suficiente nitidez como para que a recoñeza decontado. Alí está o meu pai, vestido coa mesma roupa que levaba o día en que o vin por derradeira vez.

 Fico baleiro de preguntas cando o meu pai xira a cabeza. Olla para min sen sorpresa, coma se xa soubese desde sempre que hoxe me atoparía aquí, e, cunha voz que ao tempo me resulta estraña e familiar, pronuncia as palabras que, con certeza, mudarán para sempre a miña vida:

 –Moito tardaches! Levo máis de trinta anos agardándote.]

Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 829
Publicité
Publicité