LOGO, TI ES DA ETA?
As montañas de Nevada son aínda máis indolentes coas pernas cas do Courel. Achegueime ata Lincoln para falar con Unabomber, aquel terrorista eremítico que remitiu 16 bombas. A animalia de Uteya fusiloulle os escritos. Unabomber liscou da Universidade de California en 1971 para refuxiarse nunha cabana sen auga e sen luz en Lincoln. Cando cheguei, estaba no interior, observando as paredes de madeira. Como non me daba fala, comecei a explicarme. Comenteille que, no longo treito da miña infancia e mocidade, fora considerado un terrorista. Un recentemente coñecido preguntábame pola nacencia.“Bilbao”. O interlocutor espetábame: “Logo, ti es da ETA?”. Eu sabía o que A Organización, como se chama en Euskadi, ameazara con facer a un tío meu, e, claro, non era de ETA. Expliqueino unha e outra vez; ata que aburrín e deixei de argumentar. Unabomber quedou quieto. Informoume de que andaba procurando arañas. Contoume que somos soberbios e pensamos que abrindo a billa conseguimos que as arañas morran afogadas, pero elas saben agarrarse ás tubaxes.