Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
26 août 2011

UNHA CITA A CEGAS ENTRE A UPG E TELE5

Alguén debería organizar unha cita a cegas entre a UPG e Tele5. A cadea ten constrastada a súa capacidade de tirar un cartel electoral dunha caixeira de supermecado ágrafa e vai demostralo unha volta máis con Mario Vaquerizo,Der-Rote-Faden un home sen atributos alén unha vocación travesgresora e unha sede de reinado na consulta do dentista. A marcha de Quintana suma outra aceptación da derrota por parte dun cuché que se convenceu de que sería capaz de comprender as lecturas da ortodoxia e asemade bailar pasodobres coas vellas. Mesmo chegou a soñar con que os variopintos electorados do Bloque (no abano dende o marxismo ao liberalismo compasivo, dende o arredismo salvaxe ao autonomismo benintencionado) aceptarían nas urnas esa cabeza de dúas facianas. O nacionalismo revive horrorizado o seu sebastianismo, ese déjà vu saturniano que o empuxa unha e outra vez, cadrando o período electoral, a crear un personaxe que atraia as cámaras, para, pasadas as votacións, inmolalo na pira na que arden os carnets de militante de base. Pasou con Beiras e aconteceu con Quintana. De ser eu Martiño Noriega -afasta de min ese cálice- iría metendo as barbas en auga.

Publicité
Commentaires
C
Que coño tes ti contra as caixeiras de supermercado?...<br /> Para ser cartel electoral hi que ser cátedro absentista?...
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 829
Publicité
Publicité