Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
6 janvier 2012

UNHA CHAMADA A RESERVISTAS

Liberal Catholic Coffee MugO calendario maia, preciso el, interrómpese contra a fin do 2012. Os Iker Jiménez que nos meten medo cando miramos o televisor en solitario, albiscan un caos de ampla magnitude. Mesmo algúns nos remiten á porta de saída da especie. Tantos milleiros de anos agardando a quenda para nacer e ter que marchar innegociablemente. Por iso, outros deducimos que os maias acabaron a pedra na que ían pronosticando os milenios vindeiros. Non lles vou negar intuición aos asustadizos. En Lugo empezamos o ano ardendo por tres costados. En España, premendo nas rentas de traballo e asaltando os pazos de inverno con baionetas cargadas de IBI. «E para isto lles votei?», cuestiónase un amigo adscrito a unha dereita sosegadamente liberal. Leva razón, non votou socialdemocracia; votou que non medrarían os impostos. Nin con 2 por cento de déficit esquecido esperaba el tal viraxe para facer peto. Lémbrame ao meu tío Santi, desfilando polo corredor da casa tras informarse de que concederan pagas aos militares republicanos. A cabeza xogaba a rozar o teito e os seus 120 quilogramos coxeaban por mor dunha bala de ametralladora. «E para lles disparaba no Ebro?» Con todo, o máis horrible paréceme TVE, esa canle que soñamos BBC. As contas están tan incendiadas que tiran de reservistas para erguer a moral da tropa: Lina Morgan e Ana Obregón. Non poden ser máis que advertencias de San Malaquías de Armagh.

Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 835
Publicité
Publicité