Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 juillet 2012

OS FILLOS INOCENTES DE HAMLET

Stairs

 

Os fillos de Hamlet acudiron en visita aos meus soños na madrugada do xoves e recuncaron na madrugada de onte. Na primeira noite, soñei con que un profesional sanitario que me atendeu durante quince anos e acabou sendo amigo, me requería explicacións por cesar de consultarlle. Na segunda, o espectro que se me achegaba na ensoñación era un colega ao que critico de xeito discontinuo e sostido. Hai noites, aínda esperto na escuridade, nas que me cuestiono se estou sendo xusto con determinadas persoas; esas, entre outras. Hai dúas décadas houbo alguén co que fun frívolo e, polo tanto, despectivo. Morreu de súpeto nun accidente, sen que puidese reparar a mancadura, cando menos en desculpas. Non me consinto que me aconteza outra volta. "A conciencia fainos covardes", como atinadamente formula Hamlet. Acordei desa verdade lendo o conto Os fillos de Hamlet. A ambos os dous aparecidos destas noites contesteilles cos mesmos razoamentos que cando lles respostei en vixilia. Agora estou seguro que eles non son fillos de Hamlet que requiren a presenza espectral do pai. 

Photo: The stairs. Aline Smithson

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 588
Publicité