Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
26 août 2012

TATAMIS, FERRADOS E CAMPOS DE BALONCESTO

20003_1600x1200-wallpaper-cb1273512199

 

A literatura xaponesa consistiu para min durante unha chea de anos en moito Yukio Mishima, un chisco máis de Haruki Murakami e novelas soltas de Ryu Murakami e Yanusari Kawabata. Atráeme dende que merquei a Kawabata nunha libraría de Ribadeo que parecía aberta no frontal dun taller de automóbiles porque, ao entrares, sentías o baldordo da rotativa e o perfume violento da graxa negra. Naquela traseira imprimían La Comarca del Eo, o xornal que me deu a primeira e máis bonita palmada no lombo. O ton de Kawabata era tristón para cealo nese requerimento dun brinde permanente que é a mocidade. Porén, fascinoume o xeito no que a literatura xaponesa fala dos elementos occidentais coma un decorado no que se moven os personaxes mentres non viven nas súas casas reales con fiestras de papel e costumes eternos. Sobre Soseki sabía que era o nome que lle chantara Sánchez Dragó ao gato na honra de Natsume Soseki. Días atrás linlle Bochan (Rinoceronte), un texto moi divertido e feito, aínda que, contra o final, se torna sutilmente confuso -algo que reforza o agradable humor-. Sorprendeume que o autor mide os espazos domésticos por tatamis, aínda que estou afeito a un planeta que se explica a través dos ferrados e mesmo eu calculo as dimensións por campos de baloncesto. Había un con dúas canastras a cincuenta metros da miña casa.

Photo: This is a gentleman rounding a corner in southern Tokyo along the railway. Chris Jongkind

Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 835
Publicité
Publicité