Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
27 août 2012

UNHA BARBA POSTIZA E UNHAS LENTES DE MIOPÍA EXTREMA

floyd_patterson-530x317

 

A Peter O'Toole prestáballe asistir ás carreiras de cabalos cando xa renunciara a vivir durante dous anos para ser Lawrence de Arabia. O actor botara a infancia miserable correndo a galope canda o seu pai, que vivía de manexar cartos alleos en hipódromos. Escapaban de persoas que lles confiaran os cartos para que lles fisexe apostas preferentes. Ás veces, gañaba "e a casa era o Paraíso", pero ás veces erraba no diagnóstico e non lle abondaba para pagar o comprometido. Debía ausentarse daquel hipódromo durante meses. Por iso, o fillo gustaba tanto de comprar boletos no hipódromo de Dublin como de desprezar os convites aos cócteles que os ricos celebraban tras as carreiras. Era o seu xeito de vingar os apuros consanguíneos. As culpas nunca son persoais, sempre revisten un carácter familiar. Non hai políticos na casa, pero a miudo temo que un curmán se meta a deputado provincial e acade responsabilidades. Os parentes de Rajoy sufren este verán por seren apupados na praia do Silgar. A inxustiza resulta evidente porque non teñen necesariamente que compartir as medidas que está adoptando o presidente español; mesmo escoitámolo continuamente laiarse de que el mesmo non as comparte, pero que España é unha autocaravana atrapada nun caleixón. O boxeador negro Floyd Patterson abandonou a súa casa en Nova York para vivir nunha cabana a cen quilómetros porque non aturaba o xeito no que os compañeiros brancos que estudaban coa súa filla lle lembraban o ridículo que fixera coa grande esperanza pálida Ingemar Johannsson en 1959. Daquela mercara unha barba postiza e unhas lentes falsas de miope extremo que levaba nun maletín a cada combate.

Photo: The great comeback of Floyd Patterson.

Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 835
Publicité
Publicité