21 février 2013
A HUMIDADE NAS PUNTAS DOS DEDOS
A realidade non se deixa coñecer. Vai tranformándose a medida que nos achegamos a ela. O tempo vaina mudando a cada intre. O peralte desa curva xa o calculou Einstein. Camiñamos no medio da néboa coa man estendida. Cando pensamos que podemos tocar unha cousa, é ben outra. O único tanxible daquela é a humidade nas puntas dos dedos.
Publicité
Commentaires
