Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
23 juin 2013

CARTEIS TERRITORIAIS DE ADVERTENCIA

die-antwoord-i-fink-u-freeki-music-afrikaner-rave-techno-rap-motherfuckers-jump-modaddiction-2

 

Ingrid Bergman colle un tren e falece antes de que remate a película. O escritor J. M. Coetzee ficou tan impresionado que constata ese pavor en Infancia (Rinoceronte): «Morre por non ler o cartel de advertencia». Na Suráfrica dos anos 50, cando se desenvolve a infancia de Coetzee, había carteis nos baños públicos que indicaban, sen deixar espazo á confusión, as billas das que poden beber os negros e as acoutadas para os brancos. O apartheid e a teimosía bendita de Mandela resultábame coñecidos dende os telediarios de Rosa María Mateo, pero ignoraba a existencia dunha terceira raza: os nativos. Non saciados co desprezo a negros e hotentotes, os afrikaans acudían ás clases separados dos ingleses, chamados así  pola orixe dos seus primeiros antergos na excolonia británica. Coetzee confesa nestas memorias o pánico que lle naceu cando se valorou  recuperar para a educación afrikáner aos ingleses de apelido neerlandés. O seu Coetzee era delator. Pero as clasificacións entre brancos aínda admitían máis matices: había que ser protestante, porque, de non selo, era jood (xudeo) ou católico: algo destinado a ser desprezado. Como na casa eran ateos, o pequeno John Maxwell aproveitou que escoitara o de católico romano e declarouse como tal. Pensaba na película Quo vadis?, baseada na novela de Henryk Sienkiewicz. Non sei se por provocar ou por candidez, tamén se alistou á causa prosoviética no momento máis quente da Guerra Fría  vivindo nun país de granxeiros aceiradamente anticomunistas. O seu erro, como o de Ingrid Bergman, foi non ler os carteis de advertencia.

Photo: Die Antwoord

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 641
Publicité