Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 août 2013

AS COUSAS QUE FALAMOS COS AMIGOS

 

JAZZ

As tres horas das que dispuña para volver ao xornal ao mediodía estaban medidas ao minuto: comprar un boliño de pan, cociñar arroz con xato, xantar lendo o periódico, botar unha soneca e, se cadraba, avanzar na lectura de Pietr El Letón (Acantilado) de George Simenon. Ao cabo, soamente tiven tempo á segunda (mentres, folleei o xornal) e á terceira. No canto de dirixirme ao meu Gadis, o de Ramón Ferreiro, avancei un cento de metros máis empuxado polo inadiable devezo de coller na Biblioteca Nodal Verdes colinas de África (Lumen) de Hemingway, que non deixa de ser unha parvada porque dispoño dunha valiosa compilación de relatos que mercou o meu pai nos anos 60 da que acordei lendo a Vila-Matas que O Avoíño de Oak Park "era mellor en conto ca en novela". Volvín entrar na Nodal, que vén sendo coma un grande almacén que a colectividade me presta para gardar 50.000 ou 60.000 libros. Acabei, como me acontece dende hai meses, na sección de Outros Xéneros Literarios, onde se colocan os volumes indefinidos. Agora, xunto coa de Filosofia, é a miña favorita. Saín enganchado do brazo coa novela de Hemingway e con textos extravagantes de Capote, Grass e Chesterton. Unha semana atrás comentaba a Nicolás Asensio no parque de Ribadeo que este achegamento vagaroso e resistente aos 50 anos me está amargando a actitude e o gusto: cada vez son máis apartadizo da xente, prefiro escoitar jazz a cancións e ler ensaio a romance. Nicolás ten a teoría de que as novelas me causan nugalla porque coñezo as súas fórmulas. E si: hai unha trintena de modelos para construír unha novela e xa lin todos, mesmo escribín uns cantos porque eu sempre narro sobre unha armazón. O peor é que me invade unha impiedade irracional cara aos novelistas. Cada vez son menos os que saltan por riba da barreira que poño ás súas obras porque intúo como van acabar e, aínda peor, como se van desenvolver. A Simenon, por exemplo, consíntolle que me conte o que lle pete porque nas súas novelas policíacas todo responde a unha orde e avanza nunha dirección, mesmo con eses finais chafalleiros cos que se liberaba das obras. "Cando atopo unha palabra que está aí por bonita, elimínoa", sentenzou. Tras ese caos de metade da xornada, veño de regresar a casa de madrugada e de descubrir que en Cinematik botan Howlna que o actor James Franco, que fai de Allen Gingsberg, me descubre o "concepto errado" que temos os autores da literatura: "Todos queremos escribir os libros que lemos, en vez de escribir as cousas que falamos cos amigos; que son moito máis interesantes".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 588
Publicité