PERDIDO ENTRE O TEU DEUS E OS TEUS PAIS
Norman Mailer sitúa a presidencia dun goberno "nalgún lugar perdido entre o teu deus e os teus pais". O escritor debeu ocuparse de Richard Nixon, pero institiva e velozmente, virou o interese cara á súa muller, Pat Nixon. Mailer sabía onde enfocar e dedicoulle unha reportaxe orientada a narrar a campaña electoral do seu home. Nixon -concordo, Rubalcaba- era eslamiado coma Rajoy, pero a súa Elvira Fernández se entregaba máis ca a sorrir nugallosamente nunha reportaxe de praia en El Semanal Dominical. Pat detentaba o encanto do que carecía o cuáquero co que casara, polo que se situaba por diante del, parapetándoo, para saudar aos votantes que termaban das bandeiriñas na vangarda da xentalla que adora aos políticos coma se fosen un deus ou os seus propios pais.