Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 août 2013

A ESCUMA DOS DÍAS

15-cent-photo-booth-in-the-lobby-at-the-united-nations-service-center-at-washington-d-c-december-1943

Clay Felker, centauro do deserto xornalistico, deu a mellor definición do oficio: "Escribir é coma actuar, soamente que, cando escribes, representas todos os papeis". Cando veñen rapaces novos pola redacción sempre lles reño por gravaren e transcribiren as entrevistas. Se gravas unha conversa, empezarás a relaxarte e perderás o fondo argumental. Se transcribes unha entrevista para peneirala perderás a tarde enteira anotando as ducias frases feitas entre as que figuran as vinte que precisas. Para facer unha entrevista vaiche abondar con bolígrafo, papel e unha boa primeira pregunta. Agora, en contra do consello de Felker, os xornalistas que innovan a profesión cada cuarto de hora renuncian a un papel dos seus: editor. O Jot Down, unha nutritiva revista española cuxa orixinalidad é reproducir o modelo de revista norteamericana dos 60 e 70, rebentou o xornalismo encauzado. Desprezando a lei de Felker, o periodista apaga o seu criterio para decidir os materiais suxestivos para ofrecernos un texto en bruto tan enchoupado de lagoas divagativas que mingua todo interese. Tres profesionais talentosos aggiornan o Luzes. A noticia aledoume; sento debilidade polo periodismo vintage por amor de vello ao New Yorker, a Life e mais ao Esquire, pero os discursos desconcertáronme. Polo que escoitei en streaming, van elaborar unha revista na que o máis importante sexan os lectores e que combata o xornalismo previsible. A referencia aos lectores tomeima, ignoro se correctamente, como unha indicación por vía comparativa de que os medios están rendidos ao solipismo informativo, cando o criterio de potencial interese xeral goberna en calquera redacción. Canto ao imprevisible, todo xornalismo é inesperado; o previsible non é noticioso. Certamente, botaba en falta unha publicación en papel de longa lectura en galego e sobre Galicia que aliviase a longa soidade de Tempos Novos. A falta de mirar o número 0, ignorando de modo absoluto os contidos do Luzes, confío en que achegue a remuda anunciada, o amencer que non pareza rebobinado. Entre mentres, seguirei observando a escuma dos días e procurando sentir as voces do inesperado. Contarnos nós a nosa Historia é que nos mete présa neste tempo no que o río da actualidade baixa toldo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 588
Publicité