9 août 2013
MORRIÑA DE FLANDRES
Erri di Luca fala de periodos históricos de aceleración, nos que a Historia parece desenvolver máis aconteceres do seu ritmo habitual. Calquera que non coñecese o devalar de España nos séculos, podería determinar que vive unha aceleración. Porén, a naturaleza dos sucesos que se concentran neste momento (o postureo con Xibraltar, a podremia que arrastra Bárcenas, a Bonoloto catalá,...) ofrecen unha idea contraria, de desaceleración. A miña hipótese, aínda por constatar, é que o propio carácter vintage do líder español, Mariano Rajoy (esa visión do estado, esa morriña dos Terzos de Flandres, esa firmeza impostada), marca esta parada e volta atrás no curso da Historia.
Photo: Gente dell Emilia (1957). Nino Migliore
Publicité
Publicité
Commentaires