Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
23 août 2013

UNHA ESGAZADURA NO TEMPO

Aita e Ama foz 1970

As fotografías son esgazaduras na capa fina da Historia que nos asoman mesmo a tempos que non coñecemos. A imaxe de arriba está protagonizada por unha pandilla de trintaneiros vellos, aínda que, para min, está protagonizada polo meu pai (segundo pola esquerda) e máis a miña nai (primeira pola esquerda). Se solapamos esta fotografía dos anos 70 cunha miña no 2013 daríanos o absurdo de ser eu bastante máis maior ca eses dous rapaces que me tiveran cinco anos antes, en 1965. Aos meus pais reináballes nocturnear e deixaren constancia da intensidade coa que gozaban dos veráns de Foz. O meu pai mira a cámara asomando o peito, erguendo as cellas, para reivindicarse como habitante daquel Camelot feliz. A miña nai déixase retratar con esa coquetería orgullosa que aínda hoxe, andadas catro décadas, se esforza en que brille no seu rostro.

Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 835
Publicité
Publicité