Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 août 2013

PECHO OS OLLOS E DESEXO A VOLTA DE RAJOY


accidente suiza

Veño de pechar os ollos e os puños, e premer con forza para concentrarme en que Rajoy e o seu equipo de asesores de comunicación rematen o delongado paseo que os leva de Ribadumia á Moncloa. Dubido que poida soportar o peso de afirmacións como a asinada polo Ministerio do Interior argumentando que as bandeiras nacionalistas galegas deben ficar fóra dos campos de fútbol "porque poden provocar unha reacción adversa e violenta" ou a boutade de Rafael Hernando de que é "un feito" que a República Española provocou a Guerra Civil (e o consecuente millón de mortos) polo seu caos executivo. Estaba certo de que as bandeiras todas, en canto a símbolos, poden causar incomodidade allea, pero debe de ser que a española soamente é manancial de benestar grazas ao mandato constitucional. Canto a "un feito", se Hernando tivese comprendido a Nietzsche, sería coñecedor do que afirmaba o vello sabio de Leipzig a respecto de que "non hai feitos históricos, senón interpretacións históricas". E todo este absurdo da portavocía do Goberno de Madrid deuse nun único día.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 588
Publicité