Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
25 octobre 2013

OS GIL LEVAN O ROSARIO DA NAI

all is oneFrancisco Cacharro non negociaba situado na posición menor. Sabía que nunha negociación nunca se vai a máis, polo que el sentaba na cadeira máis cómoda ou non sentaba. Como intuía que a desputa cos herdeiros de Álvaro Gil sobre a propiedade dos fondos que o antergo deixara no Museo Provincial de Lugo daría nunha derrota xudicial en contra da Deputación na que el reinaba, conformouse con aprazar as conversas ata o esgotamento da outra parte. A meta da triatlón xudicial chegou co Bloque como administrador concursal nesa empresa tan complicada de preservar un patrimonio único. A solución ben a coñecemos: os Gil espiron o museo para levaren ata o rosario da nai. Rexeitaron unha proposición indecente en atención ás circunstancias socioeconómicas por un quítame allá eses gastos xudiciais. A sensación é que non se puido facer máis, pero puido facerse menos. Xa non había nada máis a ofrecer, pero a xenuflexión institucional diante dos herdeiros estaba de sobra. Refírome a abrir o libro do protocolo en todas as páxinas e a pechar o centro para que nos privasen comodamente dos fondos que tantos nos gustaba admirar. Ás veces, a educación arrímanos perigosamente á candidez.

 

 

 

Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 799
Publicité
Publicité