Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
3 novembre 2013

UN PAR DE ZAPATOS

VETERANS

Todo o que se precisa para ser un bo periodista é un par de zapatos resistentes e atender aos detalles. Tom Wolfe sábeo dende que no 62 empezou a sobrevoar Nova York cos seus traxes brancos, tan propios dese sur algodonado e solleiro do que procedía. A súa extravagancia e os seus signos de admiración empezaron a amolar dende o momento en que irrompeu na redacción do Tribune. O mellor que pode facer un xornalista é pasar desapercibido cando consigue información e destacar todo o que poida cando publica. Tom Wolfe atende soamente á segunda norma. O seu traxe pálido é unha cita a Zola, o elegantísimo burgués que abriu o saco da miseria parisina. Wolfe asegura que «vestido así, a xente me mira coma un marciano que non sabe nada, pero que ten interese en saber. Daquela cóntame». A profusión de signos de puntuación e onomatopeias levaron a lamentar a un redactor de economía do Tribune: «Se soubese que os signos de admiración me reportarían un aumento salarial, poñería máis». Tom Wolfe volveu calzar os zapatos para viaxar a Miami  e reflectir unha vez máis o zeitgeist, o espírito do seu tempo, falando dunha cidade. Bloody Miami (Anagrama) súmase a saga de La hoguera de las vanidades, sobre Nova York, e de Todo un hombre, sobre Atlanta. Como bo xornalista, Wolfe escribe sobre o futuro do seu país. A literatura ten a pequena vantaxe sobre o periodismo de que permite especular sobre o futuro baixo o amparo da fición. O provir de Miami sérvelle de aviso do que teme para os Estados Unidos: «Uns inmigrantes que falan outra lingua fixéronse coa cidade a través do voto».

Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 822
Publicité
Publicité