Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
19 juin 2014

FERIDA

vintage people_0017

O sábado baixei ao Gadis por plátanos e Bimbo dez minutos mal contados. Ao regresar, cargado de bolsas e calor, atopei o recinto do edificio no que vivo precintado pola Policía. Atravesaran na rúa varios coches patrulla da Local e dúas furgonetas azulonas da Nacional. Unha excavadora cun brazo de xigante de película manga estaba disposto para apoderarse do xardín. Varios homes con mono amarelo taparon a cara con máscaras hixiénicas: a Policía Científica, deducín. Cheiraba amargo e ácedo, coma os cartóns de leite estragado. Unha ringleira de policias cunha rixidez cuberta con lentes de sol impedía o meu regreso ao lar. Preparei as miñas armas: o carnet de identidade e o carnet de xornalista. Unha en cada man. Reservei a tarxeta do Sergas. Había vencer a batalla pola liberdade de movementos alí mesmo. Achegueime ao policía máis alto e digno que mirei nunca. «Vivo nesta casa», desafiei con firmeza. Sorriu ata desartellarme a soberbia. «Por suposto, pase», convidoume erguéndome a cinta de plástico azul e branco con deferencia. Ao acceder ao xardín non había cadáver. Estaban retirando o lixo nos contedores do Gran Hotel, en Lugo. Quixen descompoñerme en moléculas e recompeñerme onda a fervenza do Pozo da Ferida, en Xove. Nesa paraxe fresca non hai urbaseres nin sindicalistas nin políticos. Recende ao que debe recender.

Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 829
Publicité
Publicité