Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
17 mai 2015

O AMOR BISESTO

Paris Bordeaux, un long parcours de 600 km débutant à 2 heures du matin

Maio é o mes do amor. Este ano cae bisesto porque celebramos eleccións municipais, como cada catro anos. Ser incluído nunha lista electoral excita a sensiblidade. Os candidatos melloran a súa autoestima dun xeito tan notable que mesmo lles sobra e empezan a repartila polas rúas. Como consecuencia, caen nese estado de xenerosidade sentimental e de aletargamento intelectual que chamamos amor. Esta semana presentóuseme un cabeza de lista na caixa do Gadis. Eu estaba calculando que me equivocara de cola porque el, que estaba diante de min, levaba varias cousas pequenas, que se tardan máis en cobrar. Cando ía buscar alivio noutra caixa máis lixeira, sorriume sen motivo aparente, colleume a man dereita e deume dúas palmadas no antebrazo coa esquerda. Pensei en que ser cabeza de lista non lle daba dereito a entorpecer a miña vida, pero calei. Son repectuoso co amor alleo, aínda que me afecte. Os aspirantes a alcalde e mesmo os aspirantes a concelleiro experimentan un grande amor pola súa cidade —poñamos que falo de Lugo— e polos cidadáns en maio. É un amor tan exultante que mesmo confesan que desatenden  a familia e os amigos, que son os únicos amores sinceros. Pero nós, os veciños, somos os beneficiarios desa paixón, que mesmo levaría aos candidatos a pasearnos polas nubes dende a catedral nesa cidade ideal dos seus programas. Aproveiten este mes porque ninguén os amará dun modo tan entregado ata 2019.

Photo: Paris-Bourdeaux

Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 835
Publicité
Publicité