ARDEN OS SANTOS DA PONTE
As nosas vidas son paralelas,pero non tanxentes. Tan lonxe. Acordei cedo, por volta da sete e, co sol en timidez aínda. Deiteime no sofá, cos personaxes do meu libro de familia durmindo, para ler a Modiano.'Tres desconocidas'. Tres historias de senllas mozas perdidas entre nomes de rúas de París, unha muller misteriosa e protectora, e un home adulto que fascina e delinque Modiano sempre conta o mesmo conto, dun xeito tan bonito que leo nel unha e outra vez. A cen quilómetros ao norte uns traballadores prenden lume á Ponte dos Santos, cinco mil quilómetros ao oeste milleiros de negros e brancos asimilados en pobreza brulan coches policiais. Arden os santos da ponte, arden as sete cuíñas de Roima. Soa un trono e teño medo polo meu móbil. Afora ruxe a treboada. Na comodidade da lectura, no sangue lento do sofá, garantiría que nada ten que ver comigo.