Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 avril 2015

A ESTACIÓN DA CAZA DA BALEA

A ESTACIÓN DA CAZA DA BALEA
Todos os camiños que conducen a Filgueira Valverde teñen a confusión por destino. A miña visión é negativa porque manchou as mans de franquismo, pero escoito os sabios para chegar a un calveiro do bosque escuro no que convencerme de que estou sendo xusto...
Publicité
Publicité
27 avril 2015

A MIÑA FANTASMAGORÍA ERÓTICA CON FRANCO

A MIÑA FANTASMAGORÍA ERÓTICA CON FRANCO
NUNCA LOGREI representarme a sexualidade de Franco. O domingo pasado fixen un esforzo intenso. Sentei nunha butaca que a miña muller me instalou no curruncho máis distraído do salón. Coloquei un biombo inspirado na Bauhaus e cubrín o conxunto cunha tea...
19 avril 2015

UNHA TORMENTA DE MERDA

UNHA TORMENTA DE MERDA
O ECONOMISTA J. M. Keynes casou no verán de 1925 con Lidia Lopokova. Tras a lúa de mel, Wittgenstein visitou ao matrimonio na súa casa de campo. Lidia temía a sona de túzaro do amigo filósofo do seu home, pero non puido evitar que o despistado Keynes...
18 avril 2015

AS PEORES ANFETAMINAS DE OCCIDENTE

AS PEORES ANFETAMINAS DE OCCIDENTE
O LABREGO DE casa grande Estreptisíades protagoniza Las nubes (Alianza Editorial), a obra de Aristófanes que vén de publicar Alianza. Está preocupado porque o seu fillo soamente amosa interese polos cabalos. Acode en busca de consello á casa de Sócrates,...
14 avril 2015

A MALETA DE GÜNTER GRASS

A MALETA DE GÜNTER GRASS
Günter Grass vén de morrer.Grass foi un escritor imnenso; non soamente pola ambición maximalista que plasmou na súa obra, senón tamén no senso de que contou a Alemaña do século XX ao xeito global de Goethe. Logrou explicar cinco décadas do seu país despois...
Publicité
Publicité
9 avril 2015

DESCALZO

DESCALZO
Jorge Luis Borges lamentaba a dignidade anglófila que oprimía o seu comportamento. «Si pudiera volver a vivir comenzaría a andar descalzo a principios de la primavera», confesou por escrito. Todos deberíamos cumplirlle o desexo: lanzar os zapatos para...
7 avril 2015

PUNTO FINAL

PUNTO FINAL
Voo e revoo sobre a entrevista que Ignacio Echevarría a Rafael Sánchez Ferlosio en El Cultural . Ferlosio ten un novo libro, Campo de retamas (Penguin Random House Mondadori). Mentres voaba e revoaba sobre a relación de preguntas ben traballadas e as...
6 avril 2015

ARIZONA

ARIZONA
Estaba imaxinando a conversa que manterían o home e o cativo. Algo banal, temín. Pero polo movemento das carapuchas interpretei que o señor comentaba algo sobre o deserto de Arizona como espazo de renovación espiritual. Bob Dylan recibiu en 1978 as peores...
4 avril 2015

ROMÁNICO, BARROCO E SENTIMENTAL

ROMÁNICO, BARROCO E SENTIMENTAL
MARCEL PROUST desconfiaba da arquitectura. Non exactamente da arquitectura, senón máis ben de procesos relacionados con ela, como as mudanzas. A súa familia, que vivía en París, decidiu en 1900 cambiar de piso para vivir na Rue de Courcelles. Marcel escapou...
2 avril 2015

ATREVEMENTO

ATREVEMENTO
A primavera é un tempo de exaltación e de valentía, aínda que comezou por baixo das expectativas. En Lugo comeza no campus universitario para ir subindo cara ao resto da cidade. Pero este marzo aínda non se deu desvestido da muda invernal. Permanece en...
Publicité
Publicité
1 2 > >>
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité