Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 avril 2015

ATREVEMENTO

007_Richard-Nixon-YoYo

A primavera é un tempo de exaltación e de valentía, aínda que comezou por baixo das expectativas. En Lugo comeza no campus universitario para ir subindo cara ao resto da cidade. Pero este marzo aínda non se deu desvestido da muda invernal. Permanece en estado larvario. O escritor Joseph Roth novelou o regreso de Napoleón a París nunha primavera de hai 200 anos, o 20 marzo de 1815. «A primavera non asomaba por ningures, o vento sopraba con forza e a xente tiña frío», conta Roth. O conquistador volvía dende a Illa de Elba ferido polas derrotas e tirando do seu cansanzo, pero desfilar polo París en flor cambioulle ánimo. Os seguidores que o animaban nos Campos Elíseos acordáronlle a Rimbaud: «E a primavera tróuxome a risa espantable do parvo». Houbo Primavera de París, e tamén Primavera de Pequín, Primavera Árabe,... O filósofo checo Jan Patocka ideou a Primavera de Praga en 1968 para que o seu pobo puidese rir sen espanto. Na primavera de 1977 pediu respecto polos dereitos humanos. Uns policías curáronlle o atrevemento a puñadas de verdades ata matalo. Antes do funeral, as autoridades comunistas mandaron pechar as floristerías. Temían á primavera. Tras o regreso de Elba, Napoleón soñou con reverdecer en Waterloo, pero o verdor e a primavera feríronlle o corazón, como a Baudelaire. Meses despois da batalla, cando un amigo o alentou para ser ditador de Francia, Napoléon contestou: «Xa me atrevín abondo»..

Photo: Richard Nixon yo-yo. David Hume Kennerly

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité