Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 février 2013

O GOBERNO DO ADMINISTRATIVO

O GOBERNO DO ADMINISTRATIVO
Ao PP de Santiago vaille acontecer coma á Xunta de Gerardo Fernández Albor: a base de corrimento xudicial do escalafón, imputación a imputación, vai acabar gobernado por un administrativo do partido. Feijoo non vai promover municipais porque as perdería...
Publicité
Publicité
27 février 2013

UNHA FRONTEIRA ABERTA

UNHA FRONTEIRA ABERTA
Falamos dos políticos coma Charlton Heston falaba dos primates dominantes en O planeta dos simios: coma se fosen unha póla distinta dos primates que tivesen evolucionado máis ca nós. Esa evolución tería sido perversa porque cremos que nos explotan. O...
26 février 2013

A IMPORTANCIA ESTÁ NA PABUXADA

A IMPORTANCIA ESTÁ NA PABUXADA
A IMPORTANCIA está na pabuxada. Con isto quero dicir que a importancia se atopa no detalle, pero prefiro usar a palabra que me aprendeu Primitivo Iglesias cando aínda militaba na vida seglar de profesor de Galego e non era alcalde da Pastoriza. Pabuxada...
25 février 2013

NIETZSCHE COMO ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR

NIETZSCHE COMO ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR
Este ano morreu un pensador español importante. Tamén Eugenio Trías. O mes pasado marchou Marcelino Zapico, o meu profesor de Filosofía en Ribadeo. Tiven algún docente máis de pensamento, pero unicamente me lembro a el. A imaxe que reconstrúo é paseando...
24 février 2013

UNHA CARRAXE ARRASADORA

UNHA CARRAXE ARRASADORA
Rubalcaba pregunta a Rajoy ata cando pode aturar a sociedade esta situación. A pregunta é retórica porque o voceiro socialista sabe que a ira non é algo mensurable. Pero si unha forza descomunal. A cidadanía está irada, aniña unha carraxe arrasadora....
Publicité
Publicité
23 février 2013

ANDARIEGO ENGRASADOR

ANDARIEGO ENGRASADOR
No meu imaxinario, situei o vendedor de carne equina de par do oficio que Antonio Álvarez Solís chamaba en 1966 andariego engrasador e agora sei polo xornalista Xavier Colás que se coñecía como sustanciero nos lugares de Castela A Nova que percorría....
22 février 2013

HASTINGS

HASTINGS
Non deu feito a Historia, fracasou o cambio á democracia, foille imposible ao razoamento presidencialista, a crise económica revelouse ineficaz, non abrangueu a futura lei de transparencia. Un xogador de balonmán vencedor nas ambicións e derrotado nas...
21 février 2013

A HUMIDADE NAS PUNTAS DOS DEDOS

A HUMIDADE NAS PUNTAS DOS DEDOS
A realidade non se deixa coñecer. Vai tranformándose a medida que nos achegamos a ela. O tempo vaina mudando a cada intre. O peralte desa curva xa o calculou Einstein. Camiñamos no medio da néboa coa man estendida. Cando pensamos que podemos tocar unha...
20 février 2013

O CONFORT DE CARLOS NEGREIRA

O CONFORT DE CARLOS NEGREIRA
Carlos Negreira aconsella que Aurelia Rey reconduza a súa dignidade a unha residencia. O alcalde da Coruña está lonxe de percibir os elevados e puros motivos polos que unha muller de 85 anos decide facerse forte no interior da súa casa nun noveno andar....
19 février 2013

O CONCEPTO DE HORDA EN SALVA BALLESTA

 O CONCEPTO DE HORDA EN SALVA BALLESTA
Salva Ballesta non debe ser adestrador do Celta polo seu españolismo. Non polo españolismo en abstracto, que non debería obstaculizar o desenvolvemento axeitado do seu traballo, senón polo seu xeito concreto, xordo e bronco de exhibirse como español....
Publicité
Publicité
1 2 3 > >>
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité