Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
31 juillet 2013

CENTOLAS FERVENDO NO RUEDO

CENTOLAS FERVENDO NO RUEDO
A derradeira crueldad avalada por un profesional a respecto dos padecemento dos touros de lidia é que, na parte na que lles furan cos pinchos e as espadas, apenas teñen terminacións nerviosas. Este argumento supón un avance a respecto da anterior que...
Publicité
Publicité
30 juillet 2013

SOMOS SERES HISTÓRICOS

SOMOS SERES HISTÓRICOS
Xabier Cordal deixou unha desas pingas reflexivas coas que me abraia. Anxo Quintela recuperaba unha entrevista que lle fixera o ano pasado para Diario Cultural. "Somos seres históricos", apuntou Cordal nun intre que pasou coma un peón na Rúa da Raíña...
29 juillet 2013

UN PISTOLEIRO SERBIO

O reloxo é este mesmo Omega suízo que levo posto. O meu pai adoitaba levalo coa esfera cara ao interior do pulso, coma tres personaxes de O sentido dun final (Rinoceronte) de Julian Barnes, que se identifican dese xeito. O amigo do meu irmán Mikel Miguel...
28 juillet 2013

ENLEADO NA MEDA

Ao cabo deixeime enlear por Vicentín de Cubelas para facer unha meda na festa da malla das Anzas, en Ribadeo. Xoguei centos de veces nas medas que amoreaba a familia de Primitiva no Prado dos Grilos, enfronte da casa; choutara e me deitara nas pallas...
27 juillet 2013

A COSTELA DE ANÍBAL MALVAR

Aníbal Malvar desaparecía ás veces. A súa intensa e coidada vida nocturna daba paso a un silencio enigmático sen que un proceso de transición nos dese indicios aos amigos. Nos supermercados do barrio comentaban que mercara ducias de paquetes de espaguetis...
Publicité
Publicité
26 juillet 2013

UN DODGE NEGRO

Eu ben preferiría que, no canto de leres este texto, leses Os xornalistas utópicos, a novelonga de Manuel Veiga para Edicións Xerais; pero acepto que cada quen xestiona as súas lecturas. O protagonista fala dun seu amigo, o militante nacionalista O Xocas...
25 juillet 2013

CATRO COELLOS OU DOUS

As oito da mañá ningunha paisaxe semella humana. A sensación vese remarcada nos espazos rurais transformados polo home: leiras, praderías, chousas, corredoiras... Esta mañanciña sentínme extravagante nos campos de Piñeira, onde a rasa de Ribadeo descende...
24 juillet 2013

A DEREITA APOLÍTICA

Carla Bruni asegura non ser coma o seu home, "nin de esquerdas nin de dereitas". Como acontecería se llo lese ao seu home, non lle vou negar a segunda parte da afirmación. Probablemente, a cantante careza de capacidade de discernimento político a maiores...
23 juillet 2013

UÑAS DE TERRA, UÑAS DE XIZ

Na casa hai xeracións que ninguén labra nin sementa, ocupados todos os meus antergos en oficios máis propios do burgo. Malia todo, crieime no medio do campo, pero a herba ao pé da miña casa era a herba de San Mamés, a mesma que pisaban Iribar e Amorrortu;...
22 juillet 2013

O BAR DO RITZ, LIBERADO

Kjell Adskildsen asegura que "todos temos algún incendio no pasado". O escritor noruegués ten un libro desacougante publicado por Lengua de Trapo, pero tiro a cita de Os xornalistas utópicos (Xerais), de Manuel Veiga, unha novela que desestabiliza en...
Publicité
Publicité
1 2 3 > >>
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité