Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 juillet 2013

UN DODGE NEGRO

Eu ben preferiría que, no canto de leres este texto, leses Os xornalistas utópicos, a novelonga de Manuel Veiga para Edicións Xerais; pero acepto que cada quen xestiona as súas lecturas. O protagonista fala dun seu amigo, o militante nacionalista O Xocas -aparece tamén en Infiltrados de Afonso Eiré?-, que lle pide que se convirta en seu guía polo Museo do Exército de Madrid para ver o Dodge Dart no que se trasladaba o almirantísimo Carrero Blanco cando ETA rebentou a rúa de Claudio Coello ao seu paso. O narrador administra a anécdota con discrección, facéndose a unha beira, asumindo a perplexidade. Eu adoptaría unha actitude máis interesada porque ese coche, ese atentado, é un elo nunha das miñas estirpes políticas. Estes días, convivindo co meu sogro, participo de ducias de anécdotas da estirpe republicana. Escoito dificultades, medos e crueldades; recíboas con respecto, pero falan doutro país, de vivencias afastadas das miñas. Percibo o republicanismo como moderno para o seu tempo, pero como un tempo a analizar en ensaios históricos. A miña familia paterna partía dun xogo entre o liberalismo do meu avó e o carlismo dos seus fillos, aínda que o meu pai fuxiu pola democracia cristiá antifranquista. Pola banda materna, a memoria da degradación padecida é nacionalista vasca: os meus avós namoraron nun Alderdi Eguna dos primeiros anos 30 e, por mor diso, foron castigados severamente polos franquistas. O Dodge Dart de Carrero aberto coma unha lata de berberechos poida ser un fito máis para os republicanos, pero, cando neno, eu trataba de imaxinar o atentado cando miraba o Dodge que tiña o meu tío Suso aparcado na rúa de Alfredo Vicenti da Coruña. Ao meu tío queríao ben.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité