Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 juillet 2013

A COSTELA DE ANÍBAL MALVAR

Aníbal Malvar desaparecía ás veces. A súa intensa e coidada vida nocturna daba paso a un silencio enigmático sen que un proceso de transición nos dese indicios aos amigos. Nos supermercados do barrio comentaban que mercara ducias de paquetes de espaguetis e de café, e unha vintena de botellas de wishkey dunha marca que nunca lembrabamos. O ruxe ruxe que corría polos bares e demais lugares nos que a xente se reúne sen luz natural era que Aníbal se pechara na casa con catro cerrollos para escribir. Transcorrido un mes de ostracismo, algunha noiva de Malvar cruzaba o limiar de Correos con copias de A man dereita (Sotelo Blanco) ou Unha noite con Carla (Xerais) para presentalas a un concurso. Gañaba. Aníbal sempre gañaba. Os escritores que o envexabamos -uns confensándollo, outros resentidamente- tiñamos dificultades para explicarnos a naturalidade do seu proceso de escrita. Ás veces sospeitabamos que o secreto era mercar pasta, café e alcool para atrincheirarnos contra as distraccións, pero abondábanos con ler Á de mosca (Xerais) para desbotar tal pretensión. Aníbal viaxaba no Alvia que descarrilou. Cando o souben, quixen facer forte a idea de que era outra das súas desaparicións. Non tardaron en confirmarmo por Twitter. Despois puiden miralo no 24horas, camiñando cunha chaqueta branca coma a amnesia e arrastrando a súa confusión nunha maletiña pequena. Malvar sempre foi o seu mellor personaxe. Houberon de sandarlle unha costela rota. Imaxino que se sentía Hemingway ferido na fronte europea bromeando coa enfermeira máis riquiña do hospital de campaña. Alivioume que me evitase ter que escribirlle unha despedida.

Publicité
Publicité
Commentaires
V
Está de moda entre os bos escritores desaparecer, polo menos por aquí. Cid Cabido é unha cagada de mosca nunha fotografía tomada ó lonxe, e agora Aníbal Malvar, que case se nos mata nunha lata sobre raís a case 200 quilómetros por hora (non foi así, por fortuna), ía pasar desapercibido unha vez máis. Iso é o que el desexa, así que déixelle que o faga.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité