Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

9 février 2009

MURAKAMI NO CINEMA DAS SABAS BRANCAS

"Murarakami vive decotío na segunda parte da noite. Érguese ás catro da mañá e ponse a escribir. Os noctánfilos adoitan desprezar esa banda noturna porque é cando os policías locais mandan despexar as barras e os malos bebedores comezan a pasear os vasos...
Publicité
Publicité
8 février 2009

O GLOBO DE SHAKESPEARE É UN FOLLETÍN?

O mesmo reseñista literario que entendeu Cabaret Voltaire como unha novela de espías (¡que sentido do humor, mimá), volve á carga contra O Globo de Shakespeare. Imaxino que teme o que aconteceu: tampouco comprendeu a novela e acreditou en que a miña intención...
7 février 2009

CIFRAS E LETRAS

O empresario quita a calculadora do móbil. Escribe o que lle paga e divídeo polos lectores que lle achega: a cifra é desproporcionada. Leva uns meses buscándolle acomodo, pero os amigos din que non están as casas como para acoller refuxiados.
6 février 2009

O LIBRO GALEGO? AO FONDO, Á DEREITA

"Neste país hai medios e institucións que a un escritor de Murcia de cuarta fila lle pagan avión, hotel e conferencia mentres o libro galego, nas librarías, está coma os baños: ao fondo á dereita. Veño de pasar por unha do centro de Lugo e no escaparate...
4 février 2009

HOMENAXE A FERRÍN DUN AFERRINIANO

A homenaxe a Ferrín fáiseme importante. Non o digo porque sexa un dos mellores cerebros do país, nin pola súa cultura largacía, nin pola súa escrita impecable. Eu non son seguidor dos seus libros nin dos seus artigos porque fican moi afastados da miña...
Publicité
Publicité
3 février 2009

O BEBÉ DE J.

Hai anos que non miro a J. No soño de hoxe informeime de que foi pai.
3 février 2009

OS ERDELDÚNS

Os erdeldúns son os que falan erderas, linguas diferentes á vasca. Hoxe atopei varios nun soño.
3 février 2009

HAMLET, O RAPAZ AVENTADO POLO NORDÉS

"Actualízoo a Hamlet na miña imaxinación no enterro do pai, un gobernante calquera quitado de enmedio por rivais; gravando un anuncio dunha vinganza en You Tube despois de ser rexeitado pola alumna que máis lle gusta e facendo un remexallo de tiros no...
2 février 2009

"HE HAS NEVER CONTENT WITH VIRTUOSITY"

The New Yorker lembra un dos seus xigantes con achegas de Tobias Wolff, Jeffrey Eugenides, Doctorow, Jonatahn Lethem, ZZ Packer, Joyce Carol Oates, Richard Ford, Paul Theroux e Thomas McGuanne.
2 février 2009

UN CONCORDE CAEU NA RÍA DE RIBADEO

Un concorde caeu na ría de Ribadeo, no meu soño desta noite.
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité