samedi 10 février 2018

OS QUERUBINS QUE PROVOCAN AS NEVADAS

    CAMIÑABA POLA rúa de Lugo na que Ánxel Fole quedou convertido en estatua de sal. O escritor pena a súa nostalxia retrógada. Quedou eternizado en bronce coma os romanos de Pompeia quedaron fotografados pola lava do Vesubio.      Foi dobrar a esquina da rúa de San Pedro e comezar a nevar ao xeito profuso da Pequena Idade de Xeo. A rúa estaba estaba espida de xente, coma en A Noiteboa, o conto de Gógol: «Xeaba intensamente e reinaba tal silencio que o renxer da neve baixo as pisadas podía sentirse a... [Lire la suite]

dimanche 1 octobre 2017

UNS TRENS AXEITADOS PARA LER NOVELAS RUSAS

      OS QUE LEMOS a Biblia sabemos que o nome da esposa de Noé non figura por ningures. Parece que se amañou sen axuda para alimentar as parellas de animais e gobernar a gabarra no medio daquela cambio climático do Xénese. A tradición xudea nomea a esa muller como Naama, mesmo algúns autores a sitúan na xínea sinistra de Caín.Eu coñecín unha Naama en Ribadeo. Vivía no meu barrio, que tivo por primeiro nome O Xardín do Edén, pero que chamamos laconicamente O Xardín. A miña Naama vivía nun edificio rodeado de campo.... [Lire la suite]