
O ROCK GALEGO anda nos estertores. Quedan os últimos xubilados de Filipinas, señores en idade de deixarse conducir polo Sergas a Benalmádena. Todos vostedes a coñecen a Yosi, o líder de Los Suaves, 67 anos, capricornio, ourensán. Aínda que non saben quen é Yuma, «o último hippie», 76 anos, acuario, ribadense. Yuma exhibe unha pel suave e fresca porque foi feliz cada día da súa vida. Non deixou que o traballo lle murchase a flor que nos nace cada mañá e que o resto non acertamos a coidar para que non seque. Comeu e durmiu...
[Lire la suite]