
Aproveitei que o luns a miña casa estaba desolada para cometer un exceso: cear sardiñas con tomate. Como os meus non aturan o cheiro das xoubas, espero a quedar so para compralas e fritilas coa exaltación de todo acto clandestino. Deixo que as sardiñas se queimen un chisco porque me encanta ese sabor torrado, aínda que teña que suavizalo cunha ensalada de tomate. Cando ceo xoubas cumpro a profecía de que non darei durmido en toda a noite: o estómago non parará de retorcerse como se o Demo me bailase sobre as tripas, pero as miñas...
[Lire la suite]