Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 octobre 2006

A BOUZA ANIMADA

A elección desta fin de semana aledoume. Semella que vai haber un maior compromiso de cara á utopía de termos un cine nacional. Da actitude do anterior cara á cultura de nós eu desconfiaba. Entrevisteino unha volta tras unha charla sobre o sector audiovisual que deu a uns rapaces. Tras presentarme, preguntei:

-¿Podería comentarme que visión do audiovisual deu aos rapaces?

-Bueno, hablamos en lo que tú quieras -contestou-. En gallego, en castellano. A mí me da igual, ¿eh?

-Ben -proseguín soprendido-, ¿podería comentarme que visión do audiovisual deu aos rapaces?

-Bueno, hablamos en gallego o en castellano -insistiu-. Lo que tu prefieras.

-Eu estou falando galego -dixen entre perplexo e alporizado polo absurdo do diálogo-. ¿Non lle importa que siga facéndoo, verdade? -engadín con retranca.

-Non, non; perfecto -respostou conciliador-. Falamos en galego, entón.

-¿Podería comentarme, logo, que visión do audiovisual deu aos rapaces?

Publicité
Publicité
Commentaires
M
Clap, clap, clap.
Répondre
M
A única vez que o escoitei falar en vivo deunos aos que estabamos canda el unha prédica ben trosma sobre o efecto placebo (xúrollo). E en castelán, por suposto.
Répondre
B
e ó final contestou á pregunta ou?
Répondre
P
Glorioso diálogo por certo. O que máis me fode é que queiras ou non queiras sempre acabas tendo que vivir algunha situación desas. E o que custa manter a calma e finxir sangue frío...
Répondre
S
por certo, se cadra o ghicho estaba a perder tempo namentres pensaba o que tiña que dicir. ¿?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité