Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 décembre 2007

MAYO, EN ABRIL

Van alá uns anos que lin unha das mellores descricións da Coruña medieval e do que aconteceu nela entre María e Francis (lembro agora que teño pendente o teu, Alfredo). A tradución, por certo, de Nacho. O curioso é que a novela na que aparecía asinábaa un valenciano residente nas Figueiras. Agora veño de ler, con outra tradución irreprochable de Nacho, unha das mellores descricións dunha noite dentro dunha baiuca mariñeira abalada violentamente por unha treboada (Non deberías perdela, Xurxo). A obra, ambientada da beira de acó e da de acolá, é dun terror clásico que estarrece. Cando escribo clásico, fágoo pensando na calidade das descricións e da condución das tramas. Do autor de Eu, que matei a Drake de melancolía e de A noite d'O Risón, vainos chegar en abril A porta de Mayo; edita outro mourófilo. A tradución, malgré moi, non vai de ser Nacho, senón de ben outro. Esta próxima novela é unha soberbia inspiración arredor do costumismo sofisticado e da decoración de interiores.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité