CABARET VOLTAIRE

Contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Escaparate galego: Se hai libro galego, hai cliente galego.

10 mai 2008

MURADO, PREMIO DA CRÍTICA NACIONAL

Seica Murado andaba doente tempo atrás polos escasos aplausos que escoitara polo seu libro novo. A obra ben merece todo canto aplauso se lle poida dar. Pero agora empezan a caerlle enriba os recoñecementos; foron o Losada Diéguez e o AELG. Hoxe foi o da Crítica Nacional. A maiores, é ben xustificado recoñecer o labor de Ouvirmos con A Tiracolo (grazas por descubrirme a Manuel Quiroga); o de Beramendi con ese ensaio tan necesario e o de Borrazás, cun libro crítico e suxestivo que ficou en demasiado críptico porque se evitou dar nomes.

Posté par Jaureguizar à 22:33 - Commentaires [5] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

Commentaires

Alégrome ben por Murado, teño ganas de lerlle o libro.

Posté par Ollo de Vidro, 12 mai 2008 à 11:43

Lea, é magnífico. ¿Leu 'Ruído'? Dun talento esmagador.

Posté par Jaureguizar, 12 mai 2008 à 12:32

Lin, concordo con vostede. Tamén gosto da súa faceta como columnista en La Voz, sempre lúcido e retranqueiro; o seu "Ferruxe" de onte, verbo do "revertiano" 2 de maio, ben pode ser un exemplo:

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2008/05/10/0003_6805547.htm

Posté par Ollo de Vidro, 12 mai 2008 à 15:10

Pois ben o artigo, si. Eu non o sigo na Voz. Concordo co da kale borroka. De todos xeitos, todo o que me interesa a min do 2 de maio español está nunha carpeta:
http://www.almendron.com/arte/pintura/goya/estampas/desastres/desastres_05.htm

Posté par jaureguizar, 12 mai 2008 à 15:45

Viva Murado!

Murado escribe como os anxos (valla a redundancia). Alégrome moito polos merecementos que está a ter. Como columnista é, sinxelamente, perfecto.

Posté par land, 12 mai 2008 à 19:49

Poster un commentaire







Rétroliens

URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=9129467

Liens vers des weblogs qui référencent ce message :