Este outono empeza de xeito espectacular para Plastilina nos pulmóns. A novela vén de ser escollida para a short list dos Premios Martín Sarmiento. Ía poñer cara de velocidade, pero desputarei cun amigo e con algún que outro amigo (Agustín, Rosa, Marilar, Fran) o favor dos 3.000 rapaces que compoñen o xurado.  Síntome honrado de que un libro meu fose tido en conta e de que tantos alumnos vaian opinar a respecto dun traballlo meu.