Participei nas dúas edicións de Culturgal. A primeira, un venres pola tarde en Pontevedra, dicías algo e volvíache a frase co eco. Na edición coruñesa botei a fin de semana a razón de doce horas diarias no Palexco. Gardo moi bo recordo de toda a nosa vangarda reunida nun local, de poder coñecer o que se crea no país cun paseo. Cultura rexeita organizar outro Culturgal, reunir cultura; mentres Educación axuda a colexios que separan nenos de nenas.
Commentaires sur REUNIR, SEPARAR
- Máis do xa coñecido. Para min o grave non é que, como di Fran Alonso, "para o Goberno de Feijóo a cultura galega ten un papel secundario"; é que para a meirande parte dos galegos a cultura galega (atención, a lingua tamén é cultura!) ten un papel secundario. Estamos fuxindo seguido desta realidade, que só se fai visible cando se elimina un evento como Culturgal e comprobamos que moi poucos o botarán en falta.
- Erache visto. Meu dito, meu feito. Para que Culturgal, se para o cosmopolita Varela iso é "limitativo"? Nada os detén:despois da supresión dos Premios Nacionais, da destitución da directora do Centro Dramatico(previamente confirmada....)agora a supresión da cultur.gal...onde don Jaure me firmóu o "Globo"!Non hai resposta por parte nosa, os do común...A cultura galega para eles ten un único nome : Xacobeo 2010
Nouveau commentaire