Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 septembre 2009

MASCOTAS

O himno galego é o único que se inicia cunha pregunta. ‘Que din os rumososos?’ Empezamos mal se no cántico que representa o pentagrama do noso ADN comezamos dubidando. Non me estraña esa crítica que se fixo ás galescolas de que soamente se preocupaban de aprenderlles o himno aos alumnos. Estaban sementando neles a inseguridade e mais a dependencia emocional de algo tan pouco fiable como son os rumorosos. En defensa das novas escolas infantís argumentouse que a súa simboloxía era apolítica, «porque a galiña é unha mascota». A moda de cosificar os animais é común nos países desenvolvidos: contáronme dunha sueca convidada a comer coello en Lugo que protestaba porque se devorase un animal de compañía. Non debería enfadarse Belén Esteban se a súa filla Andreíta faise a xorda cando lle berra que coma o polo, poida que a nena vexa no prato un pitiño amarelo desguazado. A propia Andreíta acabou perdendo a humanidade porque non lle coñecemos a cara. A cativa é un valor financieiro ao que a nai tira rendemento nos platós. Son tempos revoltos estes nos que os nenos teñen que memorizar cantos que fomentan a incerteza, fanlles mirar a alimentación omnívora como canibalismo mascotil e deben xogar no parqué televisivo.

(Artigo publicado en El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
R
Comezar un himno preguntando será máis ou menos orixinal, non sei se tanto coma incluír nel a palabra "imbéciles"...
Répondre
B
A idea do artigo é, como adoita, brillante, pero póñolle un pero: seica o himno do país máis poderoso do mundo tamén empeza preguntando.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité