Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 novembre 2009

ÁNGELES CASO: "OS TÍTULOS NON SE REXISTRAN"

O de Miguelturra segue turra que te turra contra Ángeles Caso. Alcalán contra el viento de Planeta. Hoxe Ángeles Caso andou polo país do plaxiado e ceibou a frase da emprega do mes: "Polo que eu sei, os títulos non se rexistran". Pois, polo que sabe Cid Cabido, si se rexistran. El quitoulle unha boa pasta a Alfaguara cando Juan Madrid quitou o seu Días contados, que tanto lembraba a Días contados.

Publicité
Publicité
Commentaires
A
Ten razón Ángeles Caso: os títulos literarios non se poden rexistrar. Pódese rexistrar unha obra completa, sí, pero non o título.

Se un autor pode titular "As novas aventuras de Sherlock Holmes" sen por iso ter que pagar un peso aos herdeiros de Conan Doyle, só fodería ter que retribuir a Alcalá por un título que é unha frase feita.

Por certo que a Alcalá ben puido ocorrérselle protestar, por exemplo, cando Harlequín Ibérica publicou en 1997 unha novela tamén titulada Contra el viento, de Dixie Browing (ISBN 13: 978-84-396-5844-3).

Por poñer outro exemplo de título recollido a partires de frases feitas. En castelán hai rexistradas 7 obras con título "Con los ojos cerrados" (e moitas máis con títulos case idénticos):

ISBN 13: 978-84-936180-0-1 Con los ojos cerrados (2008) Gianrico Carofiglio, Editorial Plata

ISBN 13: 978-84-89142-48-0 Con los ojos cerrados (2001) Rafael Hernández Mancha, Clan Editorial

ISBN 13: 978-84-8374-249-5 Con los ojos cerrados (2000) Javier Gúrpide, Huerga y Fierro Editores, S.L.
ISBN 13: 978-84-348-3403-3 Con los ojos cerrados (2005) Alfredo Gómez Cerdá, Ediciones SM

ISBN 13: 978-84-936602-5-3 Con los ojos cerrados (2009) Ángels Ponce Ribas, Now Books Llibres

ISBN 13: 978-84-89846-10- Con los ojos cerrados Federigo Tozzi, Alba Editorial

ISBN 13: 978-84-396-6345- Con los ojos cerrados (1998) Rebecca Winters, Harlequín Ibérica
Répondre
P
Alcalá fai o ridículo, e Caso ten toda a razón ao preguntarse qué pretende este home coa reclamación. Publicidade e quedar coma un aluado, é o que vai conseguir, mesmo aínda que lle dera a razón a xustiza. Literariamente non é asumible rexistrar a propiedade intelectual das frases feitas. É inmoral.
Répondre
J
Alcalá sente que lle tocou a lotaría e pode publicitar o seu libro gratis. Concordo con Ángeles Caso en que é moi mala titulando e con Xavier en que Planeta e Caso parecen doutro tempo por non ter comprobado se o título estaba rexistrado, máis cando xa lles pasou coa semellanza entre a Cruz de San Andrés e unha novela presentada ao seu premio. Nese ano, Caso fora finalista.
Répondre
B
Iso, quitémoslle ferro ao asunto.Pero quitémoslle tamén ferro as declaracións da señora Caso, tan fachendosas e displicentes "no sé qué conseguirá este señor" , "soy muy mala titulando",
Répondre
A
Eu creo que se alguén sacase agora unha novela co título, poñamos por caso, "Los detectives salvajes", igual os herdeiros de Bolaño tiñan dereito a pedir explicacións. Pero tratándose de expresións de uso popular como "Contra el viento", non é de recibo que un autor reclame propiedade intelectual algunha. Lembremos que moitos autores rexistraron melodías tradicionais na SGAE e hoxe cobran dereitos de autor por algo que pertence ao acervo cultural dunha comunidade.
En fin, hai tantos casos de coincidencias de títulos que citar exemplos sería cansino. Quedo con "Home sen nome", a novela de Suso de Toro cuxo título coincide co da triloxía "The Man with No Name" do mestre Sergio Leone, realizada máis de corenta anos antes e que inclúe os míticos filmes "Por un puñado de dólares" (1964), "A morte tiña un prezo"(1965)e "O bo, o feo e o malo" (1966). Afortunadamente para o seu avogado, a súa seguinte novela acaba de saír estes días e titúlase "Sete palabras" e non "O home que matou a Liberty Valance", dito sexa con ánimo de quitarlle ferro a un asunto no que, volvendo ao caso de Alcalá, creo que hai moito de pataleta, probablememnte comprensible, pero non merecente de que medien os xulgados.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 438
Publicité