Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 janvier 2010

LÓPEZ BARXAS: "É EVIDENTE QUE VALLE-INCLÁN NON PERTENCE Á LITERATURA GALEGA

IAGO MARTÍNEZ entrevista a López Barxas en Xornal: "Creo que ningún dos libros que escribín foi subvencionado".

"Que aspecto teñen os escritores subvencionados? Como os recoñecería un nunha entrevista?

Non o sei, non sei que pinta teñen.

Existen as listas negras?

Aquí non, dende logo.

E antes de que chegase vostede?

Non sei, nunca estiven en ningunha."

"Houbo e hai protección na cultura galega, en maior ou menor medida segundo as épocas. Non o digo pexorativamente."

"É evidente que Valle-Inclán non pertence á literatura galega, pero si á cultura galega."

Publicité
Publicité
Commentaires
T
Para que serve unha Consellería de Cultura se os que a dirixen non cren nela, din que non serve para nada, que non da cartos; por iso explican oufanos que non organizan congresos, nin pagan outras cousas que son subvencións, un termo apestado. Esta xente terriblemente reaccionaria amosa un entusiamo cero, son uns incompetentes, desprezan á cultura galega e só están para o que di o mediocre do seu xefe, o tal feijóo (na voz aparece sin til, son así de chulos, o seu xeito). E ninguén di nada porque vivimos na eterna dictadura do medo, do virxenciña deixademe como estou. Este señor, xornalista? ummmmm.... escribiu libros? disque si, pois a subvención, palabra que tanto aborrece sería a compra dos exemplares por escribir en galego, o que non di, que pode gustar ou non, teóricamente destinados ás bibliotecas, exitesn aínda co pp? aínda que na practica ocupando almacéns porque o libro e menos en galego, non interesa a esta xente tan anodina.
Répondre
B
Iso está moi debatido. É a lingua na que se escrebe a que da pertencia a unha literatura.Nobokov non pertence à literatura rusa, nen Conrad a polaca, nin Marilar Aleixandre à castellana. Totalmente dacordo no de Valle Inclán:pertence (e moito, como Torrente Ballester) à cultura galega, non tal à sua literatura: véxanse manuais de literatura española .
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité