Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 janvier 2010

SUBVBENCIÓNS ALEXANDRINAS

Eu ignoro como conforman as bibliotecas exipcias, pero imaxino que non seguirán co método de que usaron en Alexandría: a recepción e a catalogación de orixinais. Supoño que o goberno exipcio comprará exemplares ás editoriais para as bibliotecas, como fai o Ministerio de Cultura para as bibliotecas españolas e as consellerías de Cultura para as autonómicas.

Ese acto chámase compra de libros para dotación de bibliotecas en todo o mundo; agás en Galicia, onde lle chaman subvención. Que conste que eu penso que a cultura debe estar subvencionada como o resto do sistema educativo. Horrorízame ese delirio liberal de que debemos aplicar aos libros os criterios que rexen o Dow Jones. Ninguén propuxo elaborar os orzamentos educativos en función da relación de aprobados/suspensos en Matemáticas do ano anterior. A literatura debe estar subvencionada, ao igual que mantemoscompañías nacionais de teatro para que nos repoñan a Calderón ou custosos espectáculos da zarzuela morriñofranquista. Non debería ser negativo que se destinen cartos de todos a que se escriban ensasios, a que López Barxas investigue sobre Stendahl ou Chus Pato edite un poemario. Negar axudas gubernativas á cultura é unha postura moi stentdahliana, que faría “calquera cousa polo pobo” menos mesturarse con el.

Se lle sacamos as axudas públicas á cultura, xa podemos ir convencendo aos empresarios para que se convirtan en mecenas. Un empresario lucense executou a feliz iniciativa de agasallar no Nadal co libro dunha autora lucense, pero foi unha iniciativa individual cunha obra concreta. Trátase de que non aconteza novamente o que aconteceu coa Biblioteca de Alejandría, estragada por un lume de pragmatismo. Deixou de precisar subvencións, iso si.

Publicité
Publicité
Commentaires
U
Pois eu non vexo que estea tan claro, son moitas as persoas que lle chaman subvención á compra de exemplares para as Bibliotecas públicas. O conselleiro de Cultura, sen ir máis lonxe, non o ten nada claro, se xulgamos pola súa conferencia de onte na Coruña.
Répondre
D
Non sei ben a santo de que ven o artigo. Está bastante claro que os organismos públicos deben merca-los libros para abastece-la rede de bibliotecas públicas. De igual xeito que o Sergas mercará o equipamento necesario para a súa rede de hospitais. Non acho que iso sexa unha subvención. Só un acto de lóxica.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 446
Publicité