Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 mars 2010

UN ESCRITOR PROVINCIANO

A MORTE DE Delibes fixo que, para moitos, pasase de ser un referente para a literatura española a ser un referente para a literatura universal. Cando menos para o periodismo, que tende a reparar nos escritores cando lles conceden o premio Planeta ou no seu pasamento. Onte preguntábanlle na radio a Ferrín se a morte de Delibes era «unha perda para a literatura universal». O noso presidente cultural retrucaba causticamente alegando que el non diría «universal» pois desconfiaba de que «na China ou no centro de África haxa gran preocupación». O xornalista, Kiko Novoa, lonxe de acougar, repetiu a pregunta a Darío Villanueva, quen, a maiores de negarlle a dimensión urbi et orbe ao finado, calificou a Delibes de «escritor provinciano por vontade». A seguinte cuestión que lle presentou foi a de «firme candidato ao Nobel», que tanto se deu por verdade onte, polo que o vilalbés houbo de corrixirlle que «nunca foi tal». Tanto Ferrín como Villanueva remarcaron a achega determinante que fixo á literatura española. Porén, ambos os dous acoutaron que non se corresponde coa literatura internacional por moito que os mapamundis sitúen a España no centro dende que así o determinase Juan de la Cosa. Dou por suposto que a humildade e a sensatez de Delibes empuxaríano a rexeitar tanta honra internacional como se lle pretende. De feito, delimitou o seu lugar no sistema español. Unha vez confesou que lle negara ao vello Lara unha novela para gañar o Planeta malia ser sabedor de que renunciaba a unha importante cantidade de cartos e de sona. Foi en 1994, cando a polémica novela de Cela. Como Delibes non levou o Planeta, agora fálase del polo seu pasamento.

(Artigo para El Progreso e De Luns a Venres)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité