Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 mai 2010

O POETA QUE VESTÍA PELICA DE LOBISHOME

A ÚNICA COUSA material que cobizou Uxío Novoneyra en toda a súa vida foi unha zamarra. Nos seus 69 anos de existencia entre a nacencia en Parada do Courel e o pasamento en Compostela soamente desexou abrigarse cunha cazadora de pel e de coiro. A prenda viña de Norteamérica e era vella, pero o poeta teimaba en abrigarse con ela completando unha estampa feroz de home grandeiro. A traba da zamarra era que pertencía a outro e ese outro, nunha volta de torca, era amigo seu. Uxío andivo rifando e regateando con Herminio Barreiro pola cazadora durante varios días ata que logrou que lla cedera. Uxío vestiuna feliz, como o abrazo desa pel e dese coiro equilibrase toda a vergoña e a carraxe que sentiu sendo neno aquela volta na que ía da man da nai por unha feira de Seoane do Courel e uns falanxistas lle mandaron sacar o xersei vermello que vestía. Diante da negativa, un dos milhomes tirou unha navalla de sete estalos e rachoulle a prenda dendeo bandullo ata o pescozo. Daquela debeu de xurarse que ninguén máis asaltaría a súa integridade. (perfil de Novoneyra en El Progreso. Siga lendo).

Publicité
Publicité
Commentaires
J
non sabía o de LoboNeira, pero é moi bonitiño.
Répondre
A
Fermosísimo artigo o do Progreso.Acáelle ben o da zamarra, ao LoboNeira, como lle chamou Ferrín.Parabéns Sr. Jaureguízar.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité