Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 août 2010

PETEIRO, PARA NINTENDO

Héctor Pena, en Xornal: [A sede da fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande da Coruña, acolle o próximo martes un curso de pintura moi particular. Nel, lenzos e cadernos ceden o seu lugar ao programa Art Academy da consola Nintendo DS. O curso estará impartido polo artista Jorge Peteiro, que conducirá un taller práctico no que o artista explicará como pintar as súas obras na máquina de Nintendo. “Directamente, poderíase dicir que a miña presenza é ata prescindible, porque os alumnos poden capturar coa camara de fotos da máquina unha das miñas obras e reproducilas doadamente grazas á axuda do titorial do programa, pero hai certas nocións, como o concepto e a importancia do tratamento da cor ou as sombras para o que creo que podo axudar,” sinala o pintor coruñés. Art Academy está desenvolvido por Headstrong Games e é o último produto que se engade á serie Touch Generations! coa que Nintendo pretende achegar os videoxogos aos usuarios máis casual. O programa dá a oportunidade, a través dun titorial que consta de dez clases mestras guiadas polo titor Vince –ao estilo do Dr. Kawashima de Brain Training–, de aprender os conceptos básicos do debuxo, do tratamento da luz ao do volume. A ferramenta empregada non é nin o lapis nin o pincel, senón o stylus, que exerce a función de ambos os dous.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité