Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 août 2010

JAUREGUIZAR: "ESTOU ESCRIBINDO A GRAN NOVELA GALEGA"

Eu revelei en Twitter que estou escribindo A GRAN NOVELA GALEGA e Iago Martínez quixo que lle informase sobre ela. Ao cabo, non falamos dela pero si doutros mitos e crenzas erradas. Os fíos son +ou- estes:

“Torrente equivocouse. Manuel Rivas nunca vai escribir a Gran Novela Galega. É un excelente escritor e un gran reporteiro, pero non un gran novelista”.

"Caneiro é un gran autor, si, pero do século XIX."

"A miña xeración non soubo situarse no sistema literario, perdémonos entre os nosos pais e os nosos fillos. Están Manuel Rivas e Suso de Toro e logo hai un salto até os novos autores".

"Que as clases populares lean xa é difícil, pero que lean en galego..."

"Cid Cabido escribe libros tan xeniais que non necesita promocionalos nin estar no show business, pero Cid Cabido só hai un. Os que non somos tan xeniais coma el temos que traballar"

"A noite da aurora, de Camilo Gonsar, é a Gran Novela Galega"

"Os novelistas estamos para contar o que pasa hoxe, non para custodiar a dignidade dos mortos. A Guerra Civil é para os historiadores"

"A Historia ás veces é un refuxio para os escritores. A min interésame o Vigo que me poida contar Calveiro, ese do que fala Domingo Villar. Non me vale ese argumento de que o século XVIII era moi parecido a este. Seguro que daquela non lle pasaba o que nos pasa agora, que falamos galego en Galicia e nos miran coma se falasemos neerlandés"

Publicité
Publicité
Commentaires
D
Respecto ó comentario de Pedro, coido que é algo moi a ter en conta. Hai que pensar niso, igual descubrimos algo novo.
Répondre
D
Eu, sen ser patriota de ningunha caste (respecto ó galego, estou dacordo niso de qué país marabilloso pero que carallo de xente, aproximadamente), sempre procuro ler un libro no idioma orixinal no que foi escrito. Por iso leo só en galego os que me interesan e foron escritos orixinalmente en galego. Non podo ler como é debido en inglés, francés ou na meirande parte de idiomas do mundo, así que nese caso recurro á tradución. Non son militante. Aprendín que iso é unha calella sen saída. Pensas que controlas, pero non controlas.
Répondre
O
A miña visión é que ler en galego segue sen ser un acto neutral. O exemplo perfecto son as traducións: cando unha obra está traducida ao galego e ao castelán, a versión castelá é sempre escollida por defecto. Quen escolle a versión galega faino porque, ademáis de querer ler o libro, ten un motivo adicional para facelo en galego. O máis cotián, un interese ou sensibilidade cara a cultura galega. Dito doutro xeito, a elección dunha obra en lingua galega podendo lela en castelán é, nos máis dos casos, un acto de militancia, se non nacionalista, si cando menos galeguista. De feito, eu coñezo a persoas (galegas e alfabetizadas en galego) que len a Rivas en castelán for no particular reason.

E coa literatura galega supoño que acontece algo semellante. Quen ten interese polos autores galegos adoita ser quen ten un compromiso máis amplo coa cultura galega.

Naturalmente, é unha percepción, carezo de datos máis aló do anecdótico.
Répondre
P
onde dixen "Ao mellor sen o noso apoio as letras galegas serían menos invisibles... " queria por "Ao mellor sen o noso apoio as letras galegas serían menos visibles... "
Répondre
P
Ao mellor hai mais xente que Maria e que doink que le en galego e o toma como normalidade, falar castelan ou galego indistintamente, o que ocorre que non facemos barullo nen rebumbio nen nada. Ao mellor non somos tan minoria como parece e sí, non pertencemos ao BNG pero amamos Galicia como o que máis... Será que non facemos barullo e que imos de puntillas polas librerías, saboreando as letras dos nosos autores preferidos... e nos deixamos de lerias.
Ao mellor sen o noso apoio as letras galegas serían menos invisibles...
¿Por qué tan so por un momento non vos parades a reflexionar esto que estou dicindo?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité