Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 septembre 2010

JORGE COIRA SERVIRÁ '18 COMIDAS' NO FESTIVAL DE OURENSE

culturagalega.org: [18 comidas, a película “improvisada” máis experimental de Jorge Coira, competirá pola Calpurnia no Festival de Cine de Ourense como mellor longametraxe. O certame segue firme co obxectivo de dar a coñecer o mellor do cinema independente que se está a producir neste momento. Adiantado no calendario (do 1 ao 9 de outubro e non en novembro para non coincidir con Cineuropa), o Festival ten este ano unha completa sección competitiva. No apartado de longametraxes, Coira competirá coa belga Lost Persons Area, ou a Serbia Here and there. Na sección de documentais compiten a produción galega Lembrando os rostros da morte; O elixido, Naipe de sangue e Illa Pedra compiten na categoría de curtas de ficción. A sección competitiva complétase coa sección de animación (na que só compite a galega A nena que tiña unha soa orella) e novos medias (cos tres traballos galegos: Titanio & Plutonio no país do ciclograma, Eirasvedras e Wrong decisions).]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité