Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 septembre 2010

O SAMURAI CALVEIRO EXHIBE DISCIPLINA CON CATRO NOVOS LIBROS

Marcos Calveiro levaba anos indagando no acontecido cunha embaixada de Xapón que chegou á España do século XVII para facer negocios. Tras unha tempada de xestións, os representantes nipóns embarcaron, aínda que un deles, un samurai alcumado Tomás Felipe non figura na realación dos que subiron a bordo. Pasados uns anos, Tomás Felipe figura como pasaxeiro dun barco que se dirixe ao país oriental. O escritor vigués aproveita a ignorancia sobre a andaina dese guerreiro nipón para imaxinalos nunha serie de catro novelas que vai publicar Edelvides antes do nadal baixo o título de El samurai del rey. Calveiro sitúa ao seu carón a un adolescente anano, Sebatián Corcovado, que será o narrador. A primeira novela, El camino de Levante, ten como personaxe a un Velázquez de 16 anos, un aprendiz de pintor na Sevilla que era o porto de referencia para o tráfico con América. Velázquez axuda a Tomás Felipe e máis a Corcovado a tratar de liberar unha rapaza negra que está escravizada e que acabará sendo a figura central do seu cadro La mulata. Sevilla volve ser escenario da segunda entrega, La calavera del indio. A chegada da frota de Indias conleva a aparición de cadáveres que fai desconfiar á poboación de que un monstro que se agochou na bodega dun barco, aínda que serán os protagonistas da serie os que teñan que descubrir a identidade do criminal. La corte de los milagros, o terceiro volume, leva os dous personaxes a Madrid. O milagre é a balea que navega o río Manzanares. Será Lope de Vega quen lles preste axuda na súa loita contra o músico e nigromante Juan de Espina, posuidor duns documentos de Leonardo da Vinci. O título que pecha a serie é La cofradía de los locos, no que o samurai cede o protagonismo a Corcovado, aínda sen pretendelo. O anano é centro de atención na corte dun Felipe IV adolescente, que agarda para reinar. O samurai malvive no Madrid daquela altura. Marcos Calveiro comenta que «falo moito de comida e de astronomía, contando, por exemplo, que xa daquela tomaban xelados». Outra curiosidade é a inclusión de textos en xaponés que lle serve para expoñer os aforismos cos que o samurai aprende ao seu axudante a ser un bo guerreiro. O ilustrador, Ramón Trigo, aproveita tamén a escrita xaponesa para o seu traballo. Cada volume, que chegan ás duascentas páxinas, vai acompañado por treinta ou corenta ilustracións. Calveiro xa ten rematados, «en galego, porque despois os traducen», El camino de Levante e La calavera del indio, que sairán contra o nadal. Os outros dous serán editados no vindeiro mes de marzo.

Publicité
Publicité
Commentaires
S
Tendes razón, tanto un coma o outro non tenhen ningún compromiso, nin co-a terra nin co-a lingua, de feito escreben en Galego por moda, é por que así venden moreas e moreas de libros, que xa sabemos a inmensa cantidade de lectores de literaratura en Galego que temos....as veces parecemos parvos.
Répondre
D
Eu nunca pensei que Manuel Rivas estivera comprometido con nada en verdade. Ten que vender libros e iso, como moito, comprométeo coa súa editora. A que lle edita en castelán, digo. Aínda que Xerais, despois de todo, é Grupo Santillana igual.
Por certo, pasa e pasa o tempo, mais da burra non caemos:

http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/09/05/0003_8708254.htm
Répondre
F
Outro vendido ao castelán.
Por que non saen eses libros do Calveiro en galego polo menos ao mesmo tempo ca en español?

Ao final, non se compromete nin diola. Como o carallo do Rivas: tanto prurito de defensor do galego, tanto discursiño e tanta leria, poñendo medallas, presumindo de que daba uns meses a edición en galego para defender a fala e mira ti, resulta que a novela nova sae ao tempo en castelán.

Polo menos que non presuman, coime. E que qjuiten as medallas.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité