Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 octobre 2010

SARA CARBONERO "SEN ENTRAR NA PRENSA DO CORAZÓN"

O presidente da Deputación de Pontevedra demostrou ser un político de amplas miras. Tan amplas que mira cara arriba, moi por riba da realidade, e premia a un político "sen entrar no político". Fraga leva facendo política dende 1975 (eludo o seu exercicio en varios ministerios porque daquela non facían política, como ben fachendeaba Franco; daquela dictatoriaban). Hai un paralelismo entre este galardón e ruxe ruxe de que Sara Carbonero ía gañar o Premio Planeta, que Lara podería xustificar como "sen entrar na prensa do corazón". Asegura Louzán que "Galicia sempre estivo no centro da súa vida e obra con múltiples traballos publicados e exhaustivos estudos" e, para basear o argumentario, cita unha restra de ensaios sobre o país que van dende 1988 a 1991; un centro da vida ben curto, oh!

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité